Que
manía teñen algúns periodistas (ou que presumen de periodistas) de escribir tan
só de oídas. O xoves, día 12, atopeime cun especial sobre o rally de Ourense
que publicaba un xornal galego e que informaba dos percorridos da carreira.
Axiña me atopei con dous erros que, intúo, foron cometidos pola nugalla do
presunto periodista. Co fácil que é botar man do nomenclátor galego! Co fácil
que é, hoxe en día, consultar o que se queira nesa impresionante enciclopedia
chamada Google! Falando do tramo de
Toén… “pero en Ramirás xira á dereita para rematar un pouco antes da localidade
de Macendo”. Os dous erros na mesma frase. Nin é Ramirás nin existe a
localidade Macendo. É Ramiras (sen acento) e Macendo tan só é o nome da
parroquia, dunha parroquia que abrangue 15 aldeas, nas que se atopa O Couso,
que é onde realmente rematou ese tramo. De todas formas, tranquilo, rapaz (ou
señor), non es o primeiro que mete a zoca. Nin serás o último!; pois case
sempre adoitamos escribir de oídas.
Café
Aitana 39 da Valenzá. Xoves, 12 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario