Non podo comigo. Non podo entrar
nunha biblioteca. Cada vez que vou devolver un libro, zas, sempre caio na
tentación. E non vale que me diga “hoxe non pillo, que aínda me quedan algúns
para ler”. O pensamento, o desexo queda en auga de bacallau. Voume ó estante
das novidades e... a tentación é tan grande! Teño unha lista de libros para ler
que abarca catro folios xustos. Pois ben, aínda que no estante das novidades
non se atope ningún dos da lista... a tentación é tan grande! E miro, e remiro
ata que, claro!, normal!, sempre cae algún. Hoxe mesmo, estou lendo un de case
1200 páxinas, levo lidas só 200, o que significa que aínda me quedan 1000, o
que volve significar que teño para uns días. Pero claro, fun entregar outro, e
boteille a ollada ás novidades, e non había ningún dos da miña lista, e non
acabei pillando un máis, senón que caeron dous. A tentación é tan grande! Oh my
God!, que teñen os libros! Dáme igual que non os teña na lista... son libros! Ó
mellor algún está ben, penso sempre. E caio coma un paxariño! Non podo comigo.
Canto me gusta soñar esperto! Porque lendo, soño.
Café Perla 6 do Campus
Universitario de Ourense.
Mércores, 14 de outubro de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario