Empezaron
os colexios e moitos pais choutaron de alegría ante a liberación dos fillos (hai
que recoñecer que os rapaces atan moito) Empezaron os colexios e moitos pais
claman contra as leis educativas e contra os que implantaron esas leis
educativas, e dóense ante a hemorraxia económica, e senten carraxe ante a
sangría educativa. Non é para menos. Cito: a volta ó cole en Galicia supera os
400 euros por alumno. E os que temos dous? Ou máis? Alguén pensará que 800
euros para todo un curso tampouco é para tanto. Pero eses 800 euros hainos que
soltar ó contado. E se o soldo é de pouco máis de 1000, a ver, que, como queda
o asunto?, como vos queda o bico? Doce seguro que non! A Constitución di que a
educación é gratuíta. Quen o di? A Constitución. E que é iso? Non hai un só
artigo que se respecte dese libriño mentirán.
A
maiores de todo iso, atopámonos con outra normativa á que se lle deu a volta
como a unha tortilla: a de que os libros servirían polo menos durante catro
anos. Mentira! Outra mentira política máis! Hai cursos nos que os libros non
valen dun ano para outro. É máis, aquel alumno que repetira en algún deses
cursos, zas, a mercar outros libros! A ver, enténdese entón que, ás veces,
desexemos que estouren bombas neses lugares nos que estamos pensando. Como vou
respectar a estes Gobernos que nos mandan se eles mesmos non respectan ó
cidadán, á Constitución que votou o cidadán. Soldos pequenos. Educación
carísima. Agricultura fundida. E de parviños, de pombos imos e votámolos. O de
tropezar dúas veces na mesma pedra vai moito máis alá dese atranco, dese golpe:
tirámonos ós toxos e lambemos o noso sangue. Así de pamemiños somos!
Café
Paladium da Valenzá. Venres, 16 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario