sábado, 12 de julio de 2025

MELLOR UNHA NACIÓN

 

Xa hai anos que non quero falar nin de políticos nin de políticas locais para non enfadar a ninguén. Hoxe vou facer unha excepción, un punto e á parte. Gustoume o detalle o outro día cando lin nos xornais que Barbadás pide declarar a Galicia como unha nación. Gustoume moito. E xa non digo nada máis. Para que.

Sendo nós, únicos, independentes non lle teriamos que desconxelar o soldo ó Rei. Como o leva conxelado catro anos xa, ten que chegar o momento en que lle haxa que subir un pouco, só que sexa un chisquiño, ós 277.361 euros que gana ó ano. O de ganar é un dicir; máis ben, que lle dan ó ano. Cando lle suban a el, tamén se lle subirán a ela, e ós fillos, e a toda a... Os medios de comunicación tamén son a hostia: lanzan a noticia coma quen, pobre, catro anos co mesmo soldo, con ese soldo tan paupérrimo e co que sobe a vida. Pobre.


Xa que empecei en plan “medio político”, vou seguir con máis materias da mesma disciplina. Nunca me farán caso, pero aquí quedan. Nunca se sabe. O Goberno recoñece que o mal estado da estrada a Lugo (enténdese que desde Ourense) causou accidentes. E agora que? Agora pídese perdón, e punto. Débeda pagada. Pedir perdón é tan fácil. Perdón. Unha palabra. Xa está. Os mortos xa non replicarán e os feridos... os feridos seguirán a ver a estrada sen arranxar. Recoñecer recoñecen o mal estado, pero o de tomar medidas... as cousas de palacio van paseniño.

Para empalmar e rematar co mal estado das vías, resulta que o 59% da rede de estradas galegas está en estado grave, segundo anunciou este mesmo xornal o venres, 4. Así é que, mellor sós, mellor unha nación. O erro sería noso.


Cafetaría La Carabela. A Valenzá. Venres, 11 de xullo de 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario