Cacho pau tirado no chan! Cando
Rubalcaba ara para o rego de Rajoy, Mariano Rajoy gaba, agora, a Pérez
Rubalcaba. Chega o autobús, baixan os pasaxeiros, marcha o autobús. Queda o
comparsa buscando palabras para completar frases e encher este relato. Os
xogadores da selección española de fútbol cobrarán 720.000 euros se gana o
campionato. En plena crise económica. E logo! España é diferente. Sempre o foi.
E se fora subcampiona, cobraría máis incluuso que a maioría das que o ganasen.
Outro e logo! Tacho os datos que acabo de ollar. A ver!, a un xa non se lle
quedan na cabeza certos números. Toxos e flores na ladeira dun monte. A verdade
é que a flor do toxo é bonita de carallo. Certo, pero... a que é máis bonita a
palabra carallo? Esta si que é preciosa. É a primeira palabra que aprende un
castelán. Polo menos así o confesan sempre. Síntoo polo Santiago Matamoros,
pero o carallo é o auténtico patrón de Galicia. Tamén temos patroa, pero...
pero o relato non dá para máis.
Café Aitana 39 da Valenzá. Xoves,
5 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario