No
momento que estades a ler xa se saben moitas cousas: quen ganou as eleccións
galegas, quen ganou as vacas e quen disparou nun esperpento máis ianqui
(sinceramente, cada vez me preocupan menos esas matanzas nese país que deixa
que as casas estean cheas de armas e que os pais llas ensinan a disparar a
cativos de cinco anos). Tamén xa sabemos o que facer ante a masacre do Alepo:
acochar a cabeza coma as avestruces. Pero no momento que escribo isto (sábado
pola noite) eu si sabía e si sei o que acontecerá o luns: que ando en plena
vendima e que, como comprenderedes, non teño moitas ansias de falar dos puntos
comentados. Confeso que nin agora mesmo teño moitas ganas de escribir (pero o
deber obriga) e, por suposto, que o luns malditas as ganas de pensar no que
puiden haber escrito. Hoxe (sábado) aínda o levo ben porque o primeiro día
sempre se leva ben por aquilo de que inicias un traballo coa familia e entre
parola e parola o cansazo non o notas moito. Pero sei que entre mañá (domingo)
e o luns (no momento da vosa lectura) este molgués non estará para moitas
bromas.
É algo que levo xa anos analizando: que empezas a vendima moi bravo e moi pavero, pero segundo van quedando as gabias libres de uvas, a bravura empeza a amansarse e a simpatía baixa pouco a pouco ó simple sorriso... e menos mal! Incluso chega o momento que xa nin contestas; polo cansazo e porque a boca tela máis que pastosa e a lingua non se desliza por esa secura. Mais, tranquilos todos, aínda teño vendima ata o mércores. Aí é nada! Menos mal que Galicia tamén sabe producir heroes agrícolas ou vitícolas. Debería lanzar unha gargallada por iso, pero a estas alturas (luns) remito o asunto a liñas atrás.

Finca
Fierro. Sábado, 24 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario