Quédanme
os ollos fixos ante a pantalla do ordenador, e non porque algunha nova ou
fotografía me chame poderosamente a atención, senón pola canseira que teño.
Logo, para máis aquel, a música que Morricone lle compuxo á película “Cinema
Paradiso”, fai que a melancolía aínda me comprima un chisquiño máis. Bonita,
espléndida e marabillosa banda sonora pero que, nestes momentos, me deixa tan
pensativo, tan sentimental e tan covardiño que non sei no que penso nin en quen
penso.
Por pensar non estou pensando nada. Ou si... en que teño que pescudar como quedaron certos equipos e deportes e en que dentro de corenta minutos intentarei ver unha película que, penso, desde a época dos Milagres non a volvera ver; “Seguíanlle chamando Trinidade”. Lembro que aquela vez gozara coma un anano con ela. Pero hoxe, sen volver a vela, sei que é desas polas que pasa o tempo e que me parecerán unha simple trapalladiña. Oxalá erre, pero...

Finca
Fierro. Domingo, 25 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario