Sen
comentarios na cuestión política. Para que? Pero aínda así non nos esmagarán.
Levantarémonos, unha vez máis, coma heroes e que saiban que somos eses
furúnculos que lles proen. Non obstante, agora, cada quen que se busque a vida
e que non se queixe. Somos moito de parolar nos bares e de ser arroutados,
botados para adiante cando temos alguén á nosa beira. Ó sentirnos sós cambiamos
a chaqueta e pensamos “non vaia ser que...”. Si, non vai ser que nos poñan peor
do que estabamos. É igual; agora xa está. Agora para que imos predicar no
deserto. Se ninguén nos escoita.
Agora xa foi. E o ruxerruxe das lerias podres, dos truques e retruques quedou en auga de bacallau. Agora ferverán as redes sociais de denuncias e críticas e opinións e ataques e defensas para que dentro de catro anos volvamos cambiar a chaqueta. É lei de vida. Total non custa nada; disimular un chisco nas conversas e logo... machada ó canto!

Finca
Fierro. Luns, 26 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario