jueves, 17 de julio de 2025

FASTOS VERGOÑENTOS


As estradas galegas, tanto as nacionais como as autonómicas (as locais... pobres), teñen tales fochancas que, en algunhas, se chove moito, ata dan ganas de mergullarse nelas. A sanidade galega, en cuestión das urxencias, é peor que a subida ó monte Calvario cunha cruz de ferro ás costas.

Pois ben, a Xunta de Galicia gasta a tira e máis de cartos nos actos que levou a cabo na concesión da medalla de Galicia a unha rapaza por ser princesa ou filla de rei. Tal medalla seica é a máxima distinción galega que se lle concede a certas personalidades por, se entende, méritos ó servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.


O único mérito da Leonor esa creo que só foi que realizou parte do servizo militar en Marín e que o outro día soltou unhas palabriñas en galego coma quen que... Isto lémbrame a aqueles madrileños que cando descubrían a un galego... ah, eres galleguiño. E no seu sorriso aberto ía xunguido o sarcasmo, a burla, a mofa correspondente.

Que méritos acadou máis a princesa Leonor para que tal acto fose de tal fastosidade que, sinceramente, deu algo de vergonza. Xa sei que á maioría dos galegos fumegáronlles as mans ante tanto bater de palmas. Porén, esta maioría galega mañá irá dunha aldea a unha vila, dunha vila a unha cidade e cagarase nas estradas e nas putas fochancas das estradas. Ante as horas interminables en urxencias po a parir ó conselleiro de Sanidade e a quen manda no conselleiro de Sanidade. Hoxe aplaude os fastos vergoñentos dunha medalla que non era merecente para...


    Cafetaría La Carabela. A Valenzá. Martes, 15 de xullo de 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario