Hai quince días, neste mesmo espazo, falaba da importancia do balneario de Baños de Molgas sobre a asistencia a tomar as augas de certas personalidades españolas: políticas, culturais, sociais, etc. Máis en concreto, falaba da marquesa de Atalaya Bermeja, máis coñecida polas nosas terras como Angelita Varela, que pasara polo balneario molgués había 100 anos.
Outros 100 anos fíxoos que pasou o dramaturgo Manuel Linares Rivas, que no amplo panorama literario da España de finais do século XIX e principios do XX, poucos autores souberon retratar con tanta sutileza e agudeza as contradicións e costumes da burguesía.
Nado en Santiago de Compostela en1866 e finado na Coruña en 1938, este escritor e diplomático deixou unha pegada singular en la historia del teatro español, a miúdo eclipsada por figuras más rimbombantes pero non necesariamente máis profundas.
Manuel Linares Rivas foi, ante todo, un home do seu tempo. Formado en Dereito e dedicado á carreira diplomática, soubo trasladar á escena teatral o mundo que coñecía de cerca: o dos salóns, os cafés literarios, os despachos ministeriais e as casas de campo dunha clase media-alta atrapada no deber e o desexo. A súa obra, aínda a miúdo etiquetada como costumista ou incluso conservadora, contén unha crítica velada e, en ocasións desapiadada ós valores tradicionais e ás convencións sociais.
O seu maior éxito teatral (e a maior polémica) chegoulle con “A garra”, en 1921, que supuxo un verdadeiro acontecemento social, como alegación a favor do divorcio. É a súa única obra reeditada ata hai pouco.
Críticos da época admirábano polo seu dominio do diálogo e a súa capacidade para reflectir a linguaxe real sen caer na grosería, na vulgaridade. Incluso Jacinto Benavente, con quen compartía xeración, recoñeceu nel unha sensibilidade especial para “facer falar ós personaxes como falan os homes, sen deixar de facelos sentir como seres literarios”. Linares Rivas soubo manexar o equilibrio entre o popular e o culto, o comercial e o introspectivo.
Pese ó seu éxito teatral, o seu nome non perdurou no canon literario coa forza doutros contemporáneos. Quizais porque o seu teatro, tan ligado a un tempo e a unha clase social concreta, pareceu perder relevancia nas seguintes décadas, marcadas polos experimentos de vangarda, a Guerra Civil e a transformación profunda da sociedade española. Porén, e grazas a unha revalidación crítica, sitúano hoxe como unha figura clave para entender o teatro de transición entre o século XIX e XX.
Finca Fierro. Barbadás. Sábado, 26 de xullo de 2025
No hay comentarios:
Publicar un comentario