Teño a conciencia
que se me quere lanzar contra un penedo. Non a deixo, claro; que se
me esnafra.
E eu
mesmo recoñezo que a teño limpa, clara e dando esplendor. Teño a
conciencia moi tranquila. Viaxa polas agullas do tempo e todos os
segundos son inmaculados, impolutos.
Baila sobre os nichos dos espíritos malignos e ó momento achéganse
polas noites todos os gatos que
son
pardos. Deita na almofada do meu soño e vexo como se esconde no
intelecto dun merlo ou
no son dun asubío.
Logo de frear o desexo da conciencia, sentamos os dous ante o penedo e falamos dos pros e contras daquelas bondades que se volveron perversas e daquelas maldades que xiraron cara á benevolencia. Admito que estamos os dous un chisco filosóficos. Quizais influídos pola miña actitude ante o seu anhelo ou por notar que ela, a conciencia, estivo nun tris de malgastar a existencia. Hai conciencias que teñen conciencia, e a miña quixo rematar no recanto dun penedo calquera. Non a deixei, claro. E sentinme coma heroe que vixío por min mesmo. A ver!, se non miro eu por min... quen o vai facer? O meu raciocinio é capital para que a miña conciencia brille limpa, clara e dando tal resplandor que o Plus Ultra dos tempos lide co infinito e máis alá. Teño a conciencia tranquila. E limpa.

Finca
Fierro. Luns, 6 de maio de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario