Dicimos
moitas veces que non é necesario saír de Galicia para ver cousas bonitas. É
certo. Pero tampouco está de máis saír de cando en vez. Pois segundo en Galicia
hai cousas bonitas, nos demais lugares acontece máis ou menos o mesmo. Así, sen
parar mentes, e turisticamente falando, destaco o Mosteiro de Pedra en
Zaragoza, o Canón do Río Lobos en Soria, as covas de Nerja en Málaga, Madrid en
xeral, Mérida, o casco vello de Cáceres, Toledo, Salamanca, toda Galicia
(faltaría máis!) e a ruta do Cares entre León e Asturias. Pero este domingo
pasado collín o coche durante tres horas e media longas para cruzar o
desfiladeiro de Vegacervera e furgar nas profundidades da Cova de Valporquero,
en León. Que queredes que vos diga?... ante esta cova que se quiten todas as
liñas que escribín anteriormente, incluso sentíndoo por Galicia e Toledo e
Salamanca e o meu Madrid querido.
Sobre o desfiladeiro xa tería que percorrer de novo o dos Beyos, en Asturias, para optar polo de Vegacervera ou por este. Pero sobre a Cova de Valporquero... nin punto de comparación. Inmensa. Grandiosa. Impresionante. Fermosa. Dous quilómetros e medio de percorrido con diversas salas a cal máis fermosa, destacando, iso si, a sala Marabillas. Entendo perfectamente por que leva ese nome. Aínda que como mellor podo resumir esta visita turística é dicindo que os meus rapaces non son moi así de saír a ver mundo, e, non obstante, quedaron con ganas de volver, cando o río Torío leve moita máis auga. Queda dito.

Finca
Fierro. Luns, 12 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario