viernes, 19 de junio de 2026

A SOMBRA QUE QUENTA


O reloxo marca 28 graos. Nin falta facía que os marcase; a sensación é de trinta e pico. Será porque, a pesar da calor, estou na terraza dunha cafetaría, baixo a sombra dun parasol que, sospeito, é precisamente o que fai aumentar a temperatura.

Porén, aquí estamos, aguantando coma heroes. Á unha e media do mediodía. Unha animalada. Podería estar noutra terraza á que aínda non lle deu o sol, pero desde esta controlo mellor o salón do peiteado.


Que carallo, máis se perdeu na guerra de Cuba. E na Guerra Civil española. Moito se fala da de Cuba, pero a nosa si que foi criminal: tres anos de batallas e corenta de submisión, sometemento e ditadura. As guerras duran máis do que se pensa. Sempre direi que o peor son as posguerras. Cando remata unha guerra, confías en que todo acabará mellor... ata que a realidade che amosa o auténtico odio, a auténtica xenreira e os auténticos traidores, que adoitan ser veciños, amigos e mesmo algún que outro familiar.

Algo semellante acontece coa censura ditatorial e coa democrática. Na ditatorial xa non falabas ni escribías cousas polas consecuencias, polo medo. Na democrática falas e escribes coa liberdade por bandeira ata que a realidade che amosa o revés, o golpe, a labazada.

O reloxo segue marcando 28 graos. A sensación térmica pasa xa supera os trinta e pico porque o parasol de lona dá máis calor ca o propio sol. Mais os heroes non se renden nunca e seguen ao pé do canón... ata que lles dea unha sufocación. Mentres, aquí paz (e en Cuba) e despois gloria.

Mentres, aquí paz (e en Cuba) e despois gloria.


Café Brétema. A Valenzá. Mércores, 17 de xuño de 2026

No hay comentarios:

Publicar un comentario