jueves, 29 de septiembre de 2016

ESTAMPA DE PENA


            Arrogante. Vitorioso. Impertérrito. Inalcanzable. Aí está Severo Balbuena Malhalla. Máis grande que os días de maio. Apoiado sobre o marco da porta carral contempla como Lisardo Cortello Palmirez carga o carro de esterco ó mesmo tempo que amosa un sorriso burlón.
A estampa é digna de mención. De mención, e de pena ou de rabia. Porque Lisardo Cortello é o contrario de Severo Balbuena, é dicir, humilde, covardiño, emocionable, accesible. Máis pequeno que un verme luceiro. Ante isto, dá un chisco de rabia ver como Severo Balbuena non lle bota unha man e deixa que o seu veciño súe os catro suores. Menos mal que de cando en vez, Severo déixalle caer algunha que outra parolada que fai que Lisardo non sinta tanto o peso do rastro. Non obstante, cando Severo lle di adeus a Lisardo, este deixa escapar polo baixo unhas cantas palabriñas que, aínda que non se oian, enténdense moi perfectamente.


            Finca Fierro. Xoves, 29 de setembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario