jueves, 22 de septiembre de 2016

REMEDIO CASEIRO


            Teño o pé esquerdo metido nunha tinalla con auga quente. E con sal. A ver se me abranda o calo. Xa fun unha vez ó baño coa intención de quitalo. Furgando coa lima dun cortaúñas. Así; coma se fora un remedio caseiro. Pero o maldito calo está xa tan metido na planta do pé que me custa horrores arrincalo. De aí que volva a metelo outra vez en auga quente. Para que abrande.
Levo un días xa que me ferve. De pisalo e pisalo. Dentro de dous empezo a vendima, polo que teño que dar mil voltas e máis. Sobre o maldito calo. Este malnacido saíume a principios dos anos 80, de cando andaba todos os días no metro de Madrid. Entregaba todo o meu corpo sobre a pé esquerdo e, claro, pouco a pouco converteuse en dureza e esta nun calo que me mata, que me fai coxear. E dis ti e digo eu, por que non vas a un calista? Para que? Se dentro duns días volve asomar o moi condenado. Veña, a furgar de novo outra vez, a ver se consigo arrincalo. Co remedio caseiro.


            Finca Fierro. Xoves, 22 de setembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario