Estes
días non fai falta marchar ó Alepo, a Siria para ser testemuñas dunha guerra
cruel e mortal. Hoxe témola no noso país. É certo, aínda que si é cruel, non é
mortal. Por agora. O PSOE anda en guerra. Nunha guerra fratricida. Porque o
poder revira, confunde, trastorna a alma de calquera. E o poder político moito
máis. Ata as eleccións galegas pódese dicir que os coitelos estaban tan só desenvaiñados;
mais desde o outro domingo tales utensilios xa se afiaron de verdade. E cortan
de carallo. Cada día semella que lle queren quitar un bisté a Pedro Sánchez.
Eu, que queredes que vos diga: que estou con el. Quizais porque o atacan a morte e sempre defendín ó máis asoballado. Pero a miña maior defensa é porque non deixe gobernar “ó outro”.
Eu, que queredes que vos diga: que estou con el. Quizais porque o atacan a morte e sempre defendín ó máis asoballado. Pero a miña maior defensa é porque non deixe gobernar “ó outro”.
Tamén
creo que se lle deu moita pompa ó tuit de Fernán Vello. Non sexamos hipócritas
e admitamos que algunhas veces ou incluso moitas veces –e nestes casos de
eleccións- pensamos o mesmo que pensou o poeta lugués.
Fallou na súa declaración en voz alta, ou mellor dito, en voz escrita, pero acertou no pensamento de moitos. Verdade que si?
Fallou na súa declaración en voz alta, ou mellor dito, en voz escrita, pero acertou no pensamento de moitos. Verdade que si?
Sigo
pensando no cambiachaquetas que somos nos bares, nas redes sociais, nos
parladoiros: todos imos en contra do PP. Logo... acadan a maioría absoluta. E
cada vez semella que máis grande.
Rematadas as eleccións, volves falar por aí e resulta que ninguén os votou. Negámolo tanto e votamos o contrario que ás veces ata me pregunto se eu mesmo non votaría ó PP. Me cago no mundo!, xa me está entrando a dúbida.

Café
Paladium da Valenzá. Venres, 30 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario