Vai cantando
o bacallau pola rúa do Medio: “Tira badacindo badó, tira badacindo badá". E
queda a sardiña pampa por entre os codesos do monte Aquela. Cando o bacallau
cala, a sardiña chora. Quen entende os ruxerruxes do mar?
Só as matogueiras senten a luz do verme luceiro cando este sae ó camiño do ir e vai ti saber cando volverá. O mundo é unha quimera que vai e vén por entre os biosbardos dos sentimentos. Vai ti saber quen vai! Vai ti saber quen vén! Queda o bacallau de parola coa sardiña sentados na punta dun toxo, coa cabeza, e na galla dun piorno, cos pés. Verás cousas que nunca pensaches ver e oirás o disco raiado do bacallau cando lle cantaba á sardiña do mar Angazos, aínda que esta nunca saíra da piscifactoría de Sotomaior. Pasa o tempo, sae a lúa, asoman as estrelas e os dous peixes cóllense das aletas para marchar cara á praia da Escolástica. Alí deixan que o ruxerruxe do mar faga de almofada dos tempos para que os soños debuxen arabescos sobre a area.

Finca
Fierro. Martes, 20 de setembro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario