martes, 11 de abril de 2017

A MALDADE NA BILE


Seguen as noticias analizándose como cadra, ó mellor desde unha soa perspectiva, cando a realidade nos leva por outro carreiro da análise, do entendemento. Alguén lanzou a pregunta de se hai violencia no fútbol ourensán. Claro que hai violencia! En calquera lugar!; non só en Ourense. En calquera deporte ou actividade!
Porque a violencia non está no fútbol, nin no recreo, nin en calquera outra profesión ou actividade, sexa deportiva, cultural, política, social, artística, etc. A violencia. amigos meus, está nun mesmo, na persoa, no ser humano. Pelexamos nunha sala de plenos, na casa, diante de cativos, diante incluso da propia policía. A violencia está nas nosas entrañas ou asaduras, na podremia que temos no fel. E non hai deporte nin actividade nin familia nin ostras en vinagre que nos free. As bombas estouran porque alguén as tira. Nós estoupamos porque nos empurrou un xesto, unha actitude, unha simple palabra, un sorriso burlón. E rebentamos porque levamos a maldade na bile.

Finca Fierro. Martes, 11 de abril de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario