sábado, 15 de abril de 2017

OS CLÁSICOS DO CINE MUDO


De cando en vez asoman polas redes sociais ou mándanse por guasap curtametraxes de Charles Chaplin. Véndoas non queda outra que pensar naqueles anos nos que TVE botaba practicamente todos os días algo desta xente, é dicir, de Charlot, Buster Keaton, Harold Lloyd e O Gordo e O Flaco, entre outros.
Eran curtas que nos facían gozar a máis non poder. Agora... agora pregúntaslle a un cativo (e non tan cativo) quen era esta xente e non teñen nin idea. E, non obstante, con eles naceu o cine. Por lei tería que haber un día polo menos á semana no que algunha televisión proxectase películas deses cineastas, así como os colexios terían que amosarlle ós estudantes toda unha época do cine mudo que, aínda que non se falase, entendíase todo. Cada vez que penso en Buster Keaton, aquel actor que nunca se ría pero que te facía escachar coa risa; ou no zapato que comía Charlot en "A quimera do ouro", que o dicía absolutamente todo. Queremos ver ós clásicos do cine mudo!

Finca Fierro. Sábado, 15-04-2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario