viernes, 4 de abril de 2025

UN SEÑOR LIBRO!


Uns días antes do luns, 17 de marzo, invitáronme á presentación dun libro e dunha exposición na biblioteca Nós de Ourense sobre os maragatos. Por causas familiares non puiden asistir. Ese mesmo día, á media tardiña, recibín un correo electrónico para que, cando puidera, pasase a recoller o libro que deixaran de agasallo para min.

Fun ó día seguinte e pensando máis ben nun libriño deses de peto, “de bolsillo”. A miña sorpresa foi maiúscula cando vexo que se me achegan cun señor libro, que mesmo pensei ó momento se non erraran ó collelo. Non, alí estaba a nota co meu nome e cando vin o título, “Los Maragatos de la Puerta de San Pedro”, souben que si, que ese era o agasallo.


O libro é descomunal, é deses que penso que case non se editan xa; é deses que, cando o pides, en vez de chamarlle libro, chámaslle tomo; moi semellante a aqueles libros das enciclopedias. Ben encadernado e mellor editado.

“Los Maragatos de la Puerta de San Pedro” xa máis ou menos o título o di todo, versa sobre os maragatos en certas zonas de Galicia, en xeral, e en Lugo, en particular; baixo o prisma da familia Pérez Carro. Marabillosamente documentado e esplendidamente fotografado.

Escrito por Antonio Giz e Xulio Xiz (meu amigo) deixa un moi bo sabor histórico e nostálxico incluso para os que non somos desas zonas, e cun grande sorriso nos beizos coas testemuñas finais de certas personalidades e, por suposto, dos propios familiares Pérez Carro. Un señor libro!


Finca Fierro. Barbadás. Venres, 4 de abril de 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario