domingo, 18 de junio de 2017

CONTIGO, PORTUGAL, SEMPRE!


Menos mal que nos queda Portugal. Hoxe, algo menos; algo así como máis de 60 persoas menos. Unha auténtica desgraza. Unha auténtica pena.
É difícil de asimilar que un incendio, hoxe en día, se cobre tantas vidas. Non sei, ó principio pensas en dúas, tres, cinco persoas, pero en máis de 60; iso é terrible! O que pode acontecer agora é que, a partir desta traxedia, se empecen a analizar profundamente os verdadeiros motivos de tanta desgraza, a maiores da chispa, do raio que seica foi o causante de tal calamidade. Pode que a partir deste infortunio se empecen a tomar medidas, o que nos demostra que é sempre igual: que ten que pasar algo grave para actuar... en Portugal, en España, en calquera lugar. A unha desfeita con poucos falecidos sempre lle achacamos o asunto á imprevisible natureza. Agora empezamos a pensar nas limpezas dos montes, en brigadas contraincendios ben preparadas, en material adecuado e suficiente para vencer esas adversidades. Pero será a partir de agora, é dicir, logo de máis de 60 mortos. Contigo, Portugal, sempre!

Finca Fierro. Domingo, 18 de xuño de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario