Non
é que sexa unha obra mestra, nin quizais unha gran novela, pero
“Sucios e malvados”, de Juanjo Braulio, faite pasar uns días de
lectura moi entretidos. Nela combina unha trama policial cunha moi
boa reflexión sobre o sexo, a xustiza, o poder e a violencia contra
as mulleres, e coa cidade de Valencia manifestándose coma un
personaxe máis.
“Sucios e malvados” quizais teña un pero: que ás veces semella que o autor mete páxinas que non veñen moito a conto, que se parecen máis a eses estúpidos diálogos de Telecinco neses programas de poñerse a parir uns a outros; nesas páxinas quere amosar quizais un mundo “pijo”, pero que non cadran ben no contexto da novela. Fóra diso, e a pesar do seu volume (seiscentas e pico páxinas), o libro está ben, bastante ben. O autor valenciano Juanjo Braulio xa asombrara á crítica coa súa primeira novela, “O silencio do pantano”, na que contaba mentiras para dicir verdades.

Maceda.
Martes, 6 de xuño de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario