sábado, 14 de octubre de 2023

A COMUNIDADE INTERNACIONAL... APLAUDE


Collín a maza de ferro e empecei a derrubar os muros das fronteiras. Eran tantos que non acababa de rematar a faena. E cando pensaba que xa tiña todo medio feito, volvían a erguelos, a levantalos nos mesmos lugares e mesmo con máis extensión, máis longos. Máis anchos.

Despois estrañámonos ou botamos as mans á cabeza porque os que se senten pechados, escravizados, masacrados, acosados se levantan, se erguen en armas. Todo ser vivo, racional e irracional, procura a súa liberdade. Os muros só xeran diferencias, distincións, clases que comportan carraxes, xenreiras, odios e mesmo mortes, demasiadas mortes, moitas mortes.


E por moito que acordemos, que falemos, que pactemos nada será nada mentres non caia a derradeira pedra, o derradeiro bloque, o longo arame de espiño, a alta tela electrificada, o muro da vergonza, a tapia da perversidade. O campo de concentración.

Un pobo acosado ou maltratado, unha e outra vez, unha e mil veces, non lle queda outra que, para subsistir, ten que estourar, loitar e incluso matar. Porque así o queren os demais. Ninguén se converte en terrorista ata que o esporean, ata que o aguilloan. E hai países, pobos, razas, etnias que aguilloan constantemente durante anos, incluso décadas. Non deberiamos poñernos agora ás súas beiras. E... que triste, poñémonos.

Teño que deixar a maza porque nada consigo mentres haxa individuos que se crean por enriba dos seus semellantes. E, si, diso haberá sempre. E haberá muros que carrexarán rivalidades. Estas carrearán odios. Os odios causarán pelexas. E nas pelexas sempre haberá sangue, sempre haberá mortes. As dos máis inocentes. As dos máis escravizados. As dos defenestrados.

Hamás e Israel. Quen é máis terrorista? Non entendo a Hamás. Entendo a Palestina. Pero condeno a Israel. Porque leva décadas masacrando a un pobo baixo a complicidade e pasividade internacional. Unha internacionalidade comandada, por suposto, polos ianquis e, claro, quen lle tose a ese país que se mete en todas guerras. Seguro que Israel se alegrou dos actos de Hamás; élle a escusa perfecta para arrasar e aniquilar Gaza, da que hai que dicir que é o campo de concentración de Israel. Hoxe Israel é un verdugo disfrazado de vítima. E a comunidade internacional... aplaude.


Cafetaría Alumbre. A Valenzá. Mércores, 11 de outubro de 2023

Finca Fierro. Barbadás. Sábado, 14 de outubro de 2023

2 comentarios:

  1. Totalmente d acordo. Ao estar protexidos po los yankis os israelíes síntense con mais forza para exterminar o pobo palestino o cal defende o seu dereito a vivir na sua terra. Hay que lembrarse d que os xudios son os putos amos das ruas comerciais mais exclusivas d Nova Yorke e que están metidos nos negocios mais lucrativos nos USA, por certo, incluida a industria do cinema. O negocio mundial d diamantes móveno eles e d todos e sabido que se trata d unha comunidade moi cerrada. Seguen perseguindo nazis mentras eles exterminan o pobo palestino. A comunidade internacional mira para outro lado porque ten en fronte ao capitalismo disfrazado mais duro, puro e xenocida apoiado po los gobernos mais extremistas da dereita e ultra dereita. A Joe Biden xa lle corre a merda po las pernas abaixo e Putin pensando en apropiarse doutro país cando remate d quedarse con Ucrania. 😡😡😥

    ResponderEliminar