viernes, 17 de febrero de 2017

NOXO DE PAÍS!


Hoxe é complicado pegarlle un repaso ó feisbuq. Está inundado coas novas sobre as sentenzas do caso Nóos. E como o cabreo nas redes sociais é maiúsculo, os internautas empezan a facer comparacións con aquelas sentenzas a pobres incautos por roubar catro cadelas, a un non lle queda outra que alporizarse tamén ante estas comparacións.
Por exemplo, acabo de ver unha na que se di que o mesmo xulgado que absolveu á infanta Cristina condenou hai un mes a un mozo a tres anos de cárcere por roubar unha bicicleta. Entón case vexo normal que peche o feisbuq para que o sangue non se me suba ás entrañas da inquinia e da xenreira. Noxo de país! De todo o país. Por eles, porque xa apestan a podre a causa do gangrenada que teñen a alma. Por nós, por non ter aquilo que deberiamos ter para rebentalos contra os barrotes dese presidio que evitan unha e outra vez. Si, definitivamente, pecho o feisbuq. Noxo de país!

Finca Fierro. Venres, 17 de febreiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario