jueves, 10 de diciembre de 2020

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe é o día dos dereitos humanos. É un dicir, claro. Dun tempo para acá non temos dereito a nada. A gran maioría, por suposto. Outros teñen dereito a facer e desfacer ó seu antollo. Por non ter nin teño dereito a dicir moitas veces o que penso. De todos é sabido que as verdades doen. Así é que, mellor caladiño para non mancar a ninguén. Menos mal que teño dereito de escoitar a Petula Clark, e escóitoa. Tamén xa sería o colmo que non puidera escoitar música. Mais todos sabemos a que nos referimos cando falamos dos dereitos humanos.


Hoxe é o día dos dereitos humanos. Deses dereitos que din que todo ser humano nace libre e igual. Que risa! Libre. Que llo pregunten a eses pobos que aínda viven oprimidos. Igual. Igual un branco que un negro, un africano que un europeo. Tampouco haberá distinción coa raza, a cor, o sexo, o idioma, a relixión, a opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

O idioma. Que llo pregunten á nosa propia lingua. Opinión política. Que se non pensas igual xa es nacionalista ou radical. Posición económica. É que me parto. Nin ricos nin pobres. Todos iguais ante a lei de Deus... e dos dereitos humanos. Para escachar coa risa.

Ninguén será sometido a torturas, nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes. Tamén é outro dicir, claro. Día dos dereitos humanos. Non sei se alguén poderá celebralo.


Finca Fierro. Xoves, 10 de decembro de 2020

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario