jueves, 27 de octubre de 2011

EGOCENTRISMOS MASTODÓNTICOS


              A Xunta paraliza o Gaiás. Normal. Por unha vez ata creo que actúan ben. Obra mastodóntica que nos terá hipotecados de por vida. E agora, para máis aquel, aínda haberá que pagar a tira e máis por esa paralización. Como din algúns; tiveron que parala moito antes. Como dicimos uns cantos; nunca se debeu empezar. Pero o señor Fraga mandaba de carallo e tiña présa para subir ó olimpo dos egocéntricos. E iso que son dos que, ó ver o Gaiás, quedei alucinado pola súa fermosura. E son dos que digo que, agora, xa que eses edificios están aí, hai que aproveitar a Cidade da Cultura. Pero que non sigan hipotecando xa máis ós nosos netos. Porque os fillos están máis que hipotecados. Non máis egocentrismos mastodónticos.

              Café O Picoteo da Valenzá. Mércores, 26 de outubro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario