jueves, 27 de octubre de 2011

LUGAR APOCALÍPTICO


              Chove sobre o lameiro seco que está á beira do río Arnoia. Neva sobre as hectáreas queimadas na serra de San Mamede. Todo un verán coa seca nas nosas costas e, agora, en dous días, a auga, a neve e a friaxe empezan a facer máis mal ca ben. Coa auga e coa neve, alá vai a cinsa que servía de estrume para o monte. Coa auga e coa neve, queda o monte, a serra espida para que non naza nada en moito tempo. Coa friaxe, o pouco que poida nacer, será aniquilado e queimado (o frío tamén queima) para que a desolación se asemelle a unha paisaxe luar, a un lugar apocalíptico. Chove encol do río Arnoia. Neva na serra de San Mamede. Vai frío en Baños de Molgas. O mal chegará por culpa dos pirómanos.

              Oficina de Maceda. Martes, 25 de outubro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario