jueves, 27 de octubre de 2011

ONCE MILLÓNS DE IDIOTAS



              É tan fácil pedir perdón! É tan fácil tirar a pedra e esconder a man! “Non hai ningún español tan idiota que queira que siga o PSOE”. Iso dixo o “gran” Esteban González Pons. E quedou tan pancho ata pola noite, que foi cando xa pediu perdón. Isto é fácil; o pedir perdón. Tan só é unha palabra: perdón. E non custa nada dicila. Perdón. Pero neste país parece que hai uns once millóns de idiotas. Non voto ao PSOE, pero vexo o insulto coma se dixera BNG; porque ese insulto vén se ve a leguas que significa que eles, os do PP, son bos e xenerosos. Emporiso, sigo a caer na trampa deles; a de comentar estas trapalladas, pois un dos meus lemas é que o maior insulto que se lle pode dedicar a unha persoa é a ignorancia. Serei parvo! Tiven que ignorar as palabras de González Pons. Non o fixen. Perdón. Vedes que fácil é pedir perdón?

              Oficina de Maceda. Luns, 24 de outubro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario