jueves, 27 de octubre de 2011

UNHA NOVA QUE ARREPÍA



              “É duro, pero é máis rendible que os machos nazan mortos”. Lido así semella que a alguén lle sobra produción de animais. Pero se comento inmediatamente que estas declaracións saen dun gandeiro que remata dicindo que dende hai meses non medica ós seus tenreiros enfermos porque lle resulta imposible asumir o custo dos medicamentos por culpa do pouco valor que estes animais teñen hoxe no mercado, entón, máis que duro, isto é impresionante. Polo menos a min arrepioume. É moi triste traballar coma escravos para ver cómo che morren os animais ante a impotencia de ver que non podes facer nada. É moi triste, incluso, alegrarse por esas mortes. Se un o pensa friamente, esta nova arrepía de carallo.
              Fun gandeiro. Aínda me considero gandeiro. E denuncio que en vinte ou trinta anos os xatos seguen a pagalos igual ca naqueles anos. Sinceramente, este colectivo si que tiña que ir a unha folga. Pero a unha folga salvaxe; non sei... peregrinación ata Santiago ou ata Madrid por todas as estradas e acampada na Porta do Sol con toda a gandaría durante tanto tempo ou máis cos do 15-M. É que mexan por enriba deles e os pobres teñen que contestar que chove.

              Oficina de Maceda. Venres, 14 de outubro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario