Quero
ser rico. Para viaxar e ver mundo. Mundo tan só español. No noso país hai moito
que ver. Pero cómpre tempo e diñeiro. Quero ser rico. Para ver fervenzas. Coas
fervenzas xa me alimento, xa gozo. Son de campo. Pero tampouco desprezo a
fermosura dunha cidade ou dunha vila, dunha aldea. Hai aldeas que deixan cos
fociños dunha cuarta, que quitan o impo. Hai aldeas que non desmerecen dos
mellores e máis famosos monumentos. Quero ser rico. Para ver todo iso. Para ver
todas as fervenzas e cataratas e saltos e fechas e callóns e cachoeiras e
cadoiras e seimeiras e ruxidoiros e freixas. Quero ser rico para ver a paisaxe
de España. Non son rico. Para ser rico no noso país tes que roubar. Traballando
ninguén se fai rico. Traballo a eito. Como funcionario e fóra de funcionario.
Son máis pobre cás pedras. Voume meter ladrón.
Teño que ser ladrón. Traballando non me fago rico. Xogando non me toca un carallo. Ladrón, compañeiro, ladrón. Non queda outra se quero ver todas as fervenzas desta honrada nación. Din que aquí non rouba o que non quere. Será verdade. Serei eu o único parvo que está a velas vir. Quero ser rico, sen querer ser ladrón. Vaiche boa! Iso, así me vai. Crebo a cabeza pensando en cómo roubar (porque, repito, no noso país, un só se fai rico roubando) e só aparece debuxada na conciencia ou inconsciencia a profesión de político. Si, xa sei que non todos os políticos... Pero, non sei, non sei que che diga. Cando o río soa, auga leva. Levará, oh, levará. Menos o río Sequillo, ó que vía cando cruzaba Zamora. Tamén vexo políticos honrados... Onde?! Onde?!

Finca
Fierro. Venres, 27 de maio de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario