miércoles, 26 de julio de 2017

BOTAMOS A PERDER A LINGUAXE


    Odio os emoticóns! Entre os anglicismos e eses monecos roñosos están eliminando a nosa linguaxe! Na nosa cidade queren que algúns, con selo característico de Ourense, asomen polos seus guasaps e demais redes sociais. E chámame moito a atención a solicitude dun Carrabouxo. Poida que para Xosé Lois sexa todo un orgullo (e con razón), pero a ver quen se atreve a dicirme que a palabra "carrabouxo" non é fermosa.

Entendo que é máis fácil poñer un moneco que escribir unha palabra tan longa. Pero están simplificando tanto todo que estamos finiquitando a linguaxe. A maiores de que algúns emoticóns son incluso difíciles de entender. Por exemplo, o dos aplausos, non pode significar acaso que che aplauden na cara, ou sexa, que che van dar unhas labazadas? O de chorar; acaso non se chora ás veces de alegría? Non hai Deus que os entenda! Algúns aparecen cun corazón, con dous corazóns, pero desde cando temos dous corazóns?! E que me decides dos bicos. Co bonito que é dicir biquiños! Os emoticóns tiñan que estar prohibidos!

    Finca Fierro. Martes, 25 de xullo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario