jueves, 9 de febrero de 2012

MEDO NAS PALABRAS


              Ruído na Charanga do Tío Honorio. Silencio no lixo que cae, mansamente, sobre a mesa do salón. ¿Quen preme o botón da censura? ¿O Partido Popular? Silencio nas frases escritas nunha cantiga de protesta. Ruído na auga do río que vai contracorrente. ¿Quen preme o botón da bomba nuclear? ¿A man que bambea o berce da inocencia? Algún día rozarei os toxos para encher as miñas leiras de estrume. Sementarei verdades que... ¿o Partido Popular?... quererá censurar. Silencio no barullo do medo e medo no ruído da nada. ¿Quen preme o botón do dial que non di nada? Medo nas palabras.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 7 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario