miércoles, 8 de febrero de 2012

O CONTO DE NUNCA ACABAR


              Volve o frío. Pero estou case a suar. De andar dun lado para outro. Mercando, claro. A vida consiste en mercar. Mércase todo. Ata o silencio, ás veces. Mercas nun lado certa clase de comida e pillas noutro lado outros avíos. Colles tres ou catro bolsas de froita, algunha barra de pan, tomas uns cafés e ata mercas uns números de diversas loterías. A verdade é que os petos dos pantalóns son consistentes de carallo; estás practicamente todo o día metendo as mans neles para sacar os cartos unha e outra vez. Para mercar. Mercar. Mercar. Ata o silencio. O silencio nunha carballeira; á que tes que ir nun coche ó que lle tes que mercar gasolina. Pago o café. Paguei a tinta do bolígrafo co que estou a escribir. E o caderno no que estou escribindo. Non sigo. Sería o conto de nunca acabar.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 7 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario