jueves, 9 de febrero de 2012

NEGRURA


              Mesas negras. Cadeiras negras. Tallos negros. Móbil negro. Negra é a morte do que morre. E negra é a vida do que queda. Vestido negro. Pantallas negras. Zapatos negros. Negra sombra de Rosalía. Negro sobre negro de Ana Briongos. Corvo negro. Quedo negro cando noto que afogo nun pozo negro ou cando me enfeluxo cun tizón negro. Letras negras. Noite negra. Filme “Un negro cun saxo”. Eses olliños negros dos Satélite. Novela negra. Cine negro. Negros pensamentos para unha morte negra. Mente en branco.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 7 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario