jueves, 9 de febrero de 2012

O REVÉS DA VIDA


              O revés da vida é moi sinxelo: a morte. Hai moitas clases de mortes ou de reveses. Hai a que lle chaman a morte doce. Aínda que, me pregunto, ¿que terá de doce? Hai a morte violenta ou morte matada, que non é o mesmo cá agonizante, ou a dolorosa. Hai a morte de súpeto, da que se di que non se decata un. Certo, o que morre non se decata. Un revés simple e corrente. Hai a morte morrida, coñecida como a natural... pola vellez, pola enfermidade. Hai mortes patrióticas, pero porque o morte non sabía onde se metía (morrer polos que mandan, ¡manda carallo!) Tamén hai mortes heroicas, como as dos policías na praia de Orzán. Este si que foi un revés que doeu. Aínda doe. Heroes.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 7 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario