miércoles, 8 de febrero de 2012

UN CAFÉ "ESPECIAL"


              Subo a solapa do gabán e deixo, entón, que o frío pase de largo. Camiño pola Valenzá e contemplo os coches aparcados en dobre fila. Case tantos coma os ben aparcados. Polo paso de peóns cruza un neno botando unha pelota. Axiña o segue un señor maior que se apoia sobre un caxato ben feitiño. Entro no café Aitana 39 e sen pedir nada, axiña deixan caer sobre a miña mesa un café “especial”. A tal especialidade tan só consiste en que é un manchado na cunca pequena, ou sexa, na que se adoita poñer o café só ou cortado. Eu chámolle manchado pequeno. A camareira do Aitana 39 dille especial. É igual. O caso é que estea rico. Está rico.

              Cervexaría La Abadía de Ourense. Luns, 6 de febreiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario