Alá
polos primeiros días de setembro de 1897 un xornal galego informaba do
falecemento do cóengo que fora da catedral de Santiago, señor Martínez. Pero
tal falecemento debeu causar certas suspicacias que días máis tarde ese mesmo
xornal volveu ó acontecemento para aclarar un chisco esas sospeitas ou
desconfianzas. Este xornal tamén botaba man doutro xornal, xa ourensán, para
aclarar que o señor Martínez ía montado sobre unha mula, en Baños de Molgas, e
que tivo a desgraza de que ó abrir o parasol, o animal se espantara,
despedíndoo con forza da sela, e que foi a caer sobre unhas pedras.
O golpe esnaquizoulle dúas costelas e unha delas metéuselle en pleno pulmón. Non conseguiron salvarlle a vida. Morreu ós dous días. Sei dos espantos dos equinos. De rapaz montei sobre varios burros e había que estar moi atentos ós camiños. Algúns animais, ante un simple plástico ou ante un breve movemento, chimpábante cun simple e enérxico brinco. O cóengo, para máis aquel, botou man do parasol, seguro que á beira dos ollos da besta e, claro, esta, ante o que se lle viña de esguello, igual pensou que era a fin do mundo. Dun brinco, matouno.

Finca
Fierro. Domingo, 15 de outubro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario