lunes, 30 de octubre de 2017

COIDADIÑO COA LETRA PEQUENA!


 
            Algúns xornais están a facer coma os bancos: que te enganan por non ler a letra pequena. Ía escribir un relato sobre o seguinte titular: “Piden tres meses de cárcere por darlle unha labazada ó seu fillo”. Tiña pensado contar que era unha auténtica esaxeración (algún días falarei das labazadas ou azoutes que se lles dá ós cativos), cando se me ocorreu ler toda a noticia. E léndoa, xa teño que cambiar todo o concepto que pensaba usar.
Resulta que, segundo esa “letra pequena”, houbo máis que unha simple labazada; polo menos segundo a acusación e o propio xuíz. O autor dos feitos, o pai, nega tal acusación. Semella que debe ter razón o xuíz, conforme ós partes médicos que lle achegaron. Ó mellor o pai excedeuse. Ó mellor o fillo digamos que se autolesionou. Non sei. Pero si sei que o titular dá a engano. Algúns periódicos deberían de saber que, ás veces, tan só hai tempo para ler os titulares, e, claro, se les un coma ese, non che queda outra que pensar que tanto a acusación como o xuíz actuaron mal, porque… por unha labazada. Así é que non queda outra que aconsellar o que facemos cando falamos dos Bancos: coidadiño coa letra pequena! Oe, por que será?

            Finca Fierro. Luns, 30 de outubro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario