miércoles, 1 de noviembre de 2017

ERAN UNHA NECESIDADE!


 
            Desde que Stanley Kubrick nos amosou aquela imaxe do mono usando un óso e golpeando na película “2001, unha odisea no espazo”, a violencia do ser humano forma parte da nosa vida, porque, o mono, non é outro que o home primitivo (e o actual; hai moito mono solto). Desde que o mundo é mundo, gústanos facer mal, asañarnos co máis débil ou con quen non consegue defenderse. Os obxectos son moitas veces os que pagan as nosas ruindades. Desde que o mundo é mundo.
Tamén no mes de marzo de 1898, en Baños de Molgas (en todas as partes cocen fabas), alguén destruíu dous muíños enclavados no río Arnoia. Dous muíños! Uns muíños! Que non lle fan mal a ninguén. Que estaban aí para proveito do paisano, dos veciños. Pero uns infames pensaron que a mellor forma de facer maldade era destruír precisamente o que é útil. É certo, por iso é maldade. Esta sempre se comete sobre o que máis doe. Naqueles tempos os muíños eran esenciais para a vida dos labregos. Eran unha necesidade! E ese demo que levamos dentro sae, ás veces, para facer o mal. A algúns sáelles a diario. E tamén desde que o mono soubo utilizar o óso.

            Finca Fierro. Mércores, 1 de novembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario