martes, 18 de septiembre de 2018

COA SANTA COMPAÑA

Ale, aquí estou, disposto a bailar sobre a tumba dun parasol que dorme na praia dos tempos. Os meus nervios non me dan acougo e teño que asubiar polo eterno descanso dos que están para morrer. Vou de aldea en aldea buscando almas para levar ó purgatorio dos confíns do universo. De planeta en planeta irá a Santa Compaña bisbando un ora por nobis para rematar con tres ave marías e catro suspiros. Tan só un cruceiro que alguén chantou no satélite Jápeto de Saturno suplicará por un noso pai e nos bendicirá co lema “que a forza vos acompañe”.
Hai satélites que teñen o seu aquel, é dicir, a amabilidade máis universal, máis cósmica que o seu propio planeta. Tamén é verdade que incluso no espazo sideral está a viña do Señor. E xa sabemos que de todo hai nesa leira, nese viñedo. Agora mesmo estou a pensar que por que dúas olladas que se cruzan fan ruborizar as meixelas de quen non sabe quen é. Lembremos que algunhas veces, ou incluso moitas veces, hai xente que non sabe que pinta neste val indulxente. Por iso, outras tantas veces e outros algúns, gozan viaxando polo Getsemaní dunha vida que está a piques de converterse en astronauta para viaxar coa Santa Compaña. Ale, que Deus nos colla confesados.

Finca Fierro. Martes, 18 de setembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario