Aínda
que o mundial de fútbol e a proclamación do novo rei seguen sendo noticias que
están aí, tamén creo que hai que ir cambiando de asuntos, porque, xa se sabe, a
vida segue. Como seguen Caixa Ourense e Caixa Galicia, pero cun novo nome:
Abanca. Se nomeo aquí todos os nomes que tivo, por exemplo, Caixa Ourense nos
últimos anos xa case me enchen o recuncho hebdomadario. Tamén a vida segue en
Santiago, a pesar da desfeita que houbo no seu concello. A verdade é que ten o
seu aquel: gobernar tal concello con xente, con concelleiros que nin elixiu o
pobo. Os xurídicos deberían estudar se é legal ou non o atropelo que se lle fai
ós votantes, e moito máis nas eleccións municipais, onde se adoita votar ás
persoas e non ás siglas, ós partidos. Segue a vida para o alcalde do Porriño,
que pagou unha súa defensa xudicial con fondos do concello, ou sexa, de todos.
Así calquera! Segue a vida para… o ex rei?, porque o Partido Popular axiña
sacou á palestra o aforamento de don Juan Carlos; non vai ser que… E claro, de
tal pano tal saia; a súa filla Cristina tamén seguirá vivindo (como deus)
porque a Fiscalía, en vez de ir contra os que cometen delitos, vai, agora, a
favor deles… por ser quen é. Así é que por moito que se nos queira vender que a
xustiza é igual para todos… tururú! A vida si segue para os chupatintas. Os
demais morremos de miseria e de pena.
Café
Aitana 39 da Valenzá. Venres, 27 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario