Tres
dedos na fronte e o pensamento posto sobre unha lápida con inscricións en
arameo. Vai o ruxerruxe pegado ó vento para espallar as ideas daqueles que nin
tan sequera saben pensar. Quen dá? Quen
pide? Quen expande? Quen acocha? Non todos os gatos de noite son pardos nin
todos os políticos, honrados. Estes cóntanse cos dedos das mans. Perdón, dunha
man tan só. De cinco a dez políticos honrados xa son moitos. Mirade se hai
podremia na política. Seica tamén a hai no río Barbaña, que se asemella máis a
un vertedoiro que a un caudal de auga. “La
Giralda de Sevilla, cuatro tontos y una silla”. Hai mestres que cunha figura
e catro palabras ensínanche un mundo. Don Graciliano chamou a catro cativos e
díxolles que ergueran unha cadeira de catro patas (collendo cada un o pé dela),
e lanzou a ensinanza: “La Giralda de
Sevilla, cuatro tontos y una silla”. Agora tócalle a unha monxa: “Cosa más fácil válgame Dios, área del
círculo π·r 2”. Aí
quedan sempre na memoria as ensinanzas máis simples. Cinco lobos ten a loba…
porque non pariu nin máis nin menos. Aínda así ten máis concelleiros co alcalde
de Santiago, Ángel Currás. Emporiso, négase a dimitir a pesar de pedirllo a
cúpula do PPdeG. É que hai poltronas que teñen pegamento Imedio. Seis é o
número que se fará rei a partir do día 19. E dis ti e digo eu: para que
queremos rei? Certo, ó mellor ti si queres un rei. Síntoo.
Café
Aitana 39 da Valenzá. Venres, 6 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario