Todas
as semanas os xornais amosan miles de noticias, as televisións botan centos de
Telexornais e as radios unha morea de “partes”; pero de toda esa infinidade de
novas sempre destacan ou sempre quedan para o recordo tan só dúas ou tres, como
moito. Esta semana tocoulle a dúas: o
inicio dun novo rei en España e a presunta fin dun ciclo futbolístico que
marcou uns anos realmente impresionantes, inesquecibles. Non se deixou de
escribir nin se deixou de falar doutra cousa (aínda hoxe se fala dos mesmo): o
novo rei Felipe VI e a debacle no Mundial de Fútbol de Brasil da nosa selección
española. Perdón, agora semella que xa non é tan nosa. Para que estrañarnos;
sempre foi así… cando falla Nadal, está rebentado; cando falla Alonso, está
acabado; cando estaba Induráin, tododeus vía o Tour, marchou o citado ciclista
e xa somos un desastre nese deporte.
Ó
que iamos; que a coronación… a coronación chegou a cansar, e iso que eu, por
sorte, case nin oín nin vin nada dela, pois da tele apodéranse os rapaces e,
recoñézoo, na radio do coche, tan axiña como empezaban a falar do impresionante
evento, un servidor puña música con algunha banda sonora. Non obstante, a miña
sentenza: demasiado fasto, demasiados gastos para un país que vive na miseria.
E o da selección, víase vir, aínda que, tamén recoñezo, non imaxinaba que desa
maneira tan cruel. Pero xa o dicían Os Modulos: todo ten a súa fin.
Finca
Fierro. Sábado, 21 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario