O Piolloso é un home moi ocupado.
Móvese de aquí para alá e do leste para o oeste, algo así como o sol, pero O
Piolloso non é o sol. O Piolloso é Vitoiro Derivado Salmuera, veciño de
Cachaldora do Río e con tan só tres dedos na súa man esquerda. Non, non se
cortou nos outros dous; simplemente que naceu sen eles. A xente é rara. Digo
isto porque non entendo nada sobre o seu alcume. Acaso non lle quedaba mellor O
Manco, ou O Sindedos, ou O Tresdedos? Pois non; a xente é tan rara que lle puxo
O Piolloso. E tampouco penso que fose porque criase piollos na súa cabeza, xa
que o pobre de Vitoiro Derivado Salmuera estaba calvo, estivo sempre calvo...
porque tamén naceu calvo. Unha desgraza detrás doutra. Emporiso, O Piolloso é
feliz e el mesmo se presenta co alcume. A ver!, sabe que así lle van chamar por
atrás, entón para que cabrearse? Eu mesmo recoñezo que, dentro da súa
imperfección, Vitoiro Derivado Salmuera, O Piolloso, é un bo home, un home
cabal.
Café Aitana 39 da Valenzá.
Martes, 3 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario