Auga
fresca no manancial dunha película que aínda non se rodou, que aínda nin tan
sequera ten un guión. Pingas de suor que corren pola cara dunha persoa, dunha
persoa calquera. Nugalla nun corpo de home ou de muller que queda quietiño ante
a calor sufocante.. Hai nugallas que se notan incluso nos ollos de algúns seres
humanos. Hai nugallas que non se producen tan só pola calor; a algúns chégalles
con pensar no traballo a realizar. Raios de sol que marcan, que destinguen un
rego dunha gabia, unha xesta dun piorno e un pardal dun verderolo. Os catro
intermitentes do coche dan a entender que estará detido, mal aparcado, durante
dous minutos. Mentira! Algúns botan incluso máis dunha hora. Somos moi dados a
non facer ningún caso, a terxiversar as normas, a usalas como papel de baño.
Despois cabreámonos cando nos chaman a atención, cando nos dan o recado. Que
bonita é esta expresión: dar o recado. Antes usábase moito. Iso, antes.
Café
Aitana 39 da Valenzá. Venres, 13 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario