lunes, 23 de junio de 2014

POR ENTRE OS PALLEIROS DA NOSTALXIA


              Déitate na almofada do tempo inmisericorde para que o recordo da adolescencia se debuxe no papel branco da ansiedade ou do ruxerruxe. Que cada pau aguante a súa vela. Iso din. Que cada palleiro da aira sexa testemuña duns xogos de cando a vida era dura. Moi dura. Tan dura que un arado de pau era como unha albarda que che caía sobre o lombo. Métete por entre as sabas brancas dun conto que ten principio pero que a ninguén lle gusta o seu final. Porque hai finais que non teñen fin. É como ir ata o infinito e máis alá. Moito máis alá. Pensas que tal trapallada do conto desenvolve a súa historia polos lameiros cheos de trevo. Pero, que difícil é atopar un trevo de catro follas! A infancia sempre está acochada e abrigada no recanto máis recóndito da memoria. Sempre está aí. E volve. E volve. E volve. Déitate no punto final da novela e deixa que os lectores te busquen por entre os palleiros da nostalxia.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Xoves, 12 de xuño de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario