Empeza a poñerse o tempo propicio
para os incendios. Xa houbo uns cantos. A Xunta non reacciona e os concellos,
ante a falta de medios daquela, empezan a tomar as súas propias medidas. A
Xunta fai como a maioría das institucións ou organismos, que toman as medidas
cando xa o burro levou as noces. Se alguén se mata nunha curva perigosa,
arranxan a curva logo da catástrofe, póñenlle o parche á ferida. Cando se
formen as cuadrillas, cando se lle dean os medios e cando cheguen ó monte, xa
pouco teñen que apagar ou que limpar. Xa se encargaron as lapas de facer unha
boa limpeza. O peor de todo é que practicamente todos os anos pasa o mesmo. No
inverno sabemos que o verán está aí, pero... aínda estamos no inverno, non ves
que chove, tede pouca présa. Logo, cando se acorda, xa será tarde. Porque na
primavera o monte, se se lle pon lume, tamén arde. E ó monte pónselle lume. A
ver se nos decatamos todos. Que ninguén venda causalidades ou accidentes ou
despistes; ó monte pónselle lume. Para a madeira, para os pastos, para a
limpeza, para o xabaril...
Café Paco Paz de Ourense. Martes,
3 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario