martes, 17 de enero de 2017

FALO POR TELÉFONO


Soa o teléfono. Collo o teléfono. Falo por teléfono. Da vida, que sempre vai un paso por diante da morte. Certo, cando chega a morte xa non hai vida, pero, despois, acaso importa xa? Nin tan sequera o teléfono importa. Mais agora mesmo, sigo co teléfono na orella. Falo por teléfono. Daquilo que foi e xa non é. Daquilo que pode ser, pero vai ti saber. Da familia que está e non está. Do silencio que se forma cando non hai nada que dicir. Da mestura das palabras porque o teu interlocutor tamén fala. A ver!, ó outro lado tamén hai un interlocutor.
Falo por teléfono. Dunha película que proxectarán ou que xa botaron. Dun asubío que deixei escapar cando andaba por entre a néboa do monte Medo. Dun acocho nas airas de Baños de Molgas. Falo por teléfono, e sento. Sento porque a parola pode eternizarse. E de pé, quieto, canso. Falo do ir e vir dunha formiga polas poulas do Formigueiro. Falo daquela nave na que quixen ir ó espazo, pero cando espertei o universo era a miña cama. Despídome. Deixo de falar por teléfono. Colgo o teléfono.

Finca Fierro. Martes, 17 de xaneiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario