martes, 10 de enero de 2017

QUE NOITE MÁIS REPELENTE!


Que noite máis noxenta! Non hai fútbol. Non teño películas para ver. Non sei que facer! Xa levo unha hora co ordenador. E todo cansa. Aínda me quedan dúas, polo menos, para irme á cama. Si, poreime a ler. Pero todo cansa. De rapaz e de mozo botaba horas e horas lendo. Agora, coa idade, volvinme langrán, moi nugallán. Todo cansa. Ata fochicar no feisbuq cansa. Que noite máis repelente! Non sei que facer! Fáltame a miña sesión peliculeira! Ou futboleira. Hai noites nas que hai fútbol, e aínda teño tempo de ver unha película. Pero hoxe nin unha cousa nin outra, non teño nada.
Ai por Deus, canto sufrimento! Como tirarme un día sen ler un xornal. Por exemplo, o día de Nadal e Ano Novo, que non houbo prensa escrita. Como sufrín, meu Deus! Agora mesmo xa estou canso de todo. Ata de escoitar a Marvin Gaye. Solución: a cambialo! E poñemos o jazz de Art Tatum. A ver se pasamos algo mellor o tempo. Veña, uns minutiños máis para co ordenador e axiña nos poñemos coa lectura.

Finca Fierro. Martes, 10 de xaneiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario