A
case dous meses do confinamento empezo a botar de menos varias
cousas. En primeiro lugar están os famosos, malditos e queridos
bares para poder tomar un cafeciño, e non polo café en si, senón
polo ambiente, pola parola que supón
o tomalo con xente coñecida. Boto
de menos, por suposto, o fútbol; e tampouco polo fútbol en si
mesmo, senón polo que comentaba dos cafés: o ambiente, a
camaradaría. Estraño
o ler andando. A proba é que, na casa, neste longo confinamento
nunca lera tan pouco. Porque estaba máis tempo co ordenador ou
porque ó ler na cama tenta o sono e ou me
botaba a dar unha cabezada ou xogaba un chisco ó trivial. A
maiores de que os dous últimos libros que pillara na biblioteca xa
os tiven que ler amodiño para que me duraran algo máis. E aínda
así tiven que botar man de libros que hai anos me mandaran por
correo electrónico e que imprimira. Porque as miñas lecturas
teñen que ser en papel, nada de dixitais nin de móbiles nin tablets
nin rabo de gaitas. Tiven que saír todas as mañás por este
periódico. Unha mañá non o fixen e aquel día case me poño
enfermo, pois aínda que lle botara unha ollada na súa forma
dixital, non che é o mesmo, non.
Outra das cousas
que botei de menos, moito de menos foron as películas polas
televisións. De 24 canles que podo ver (non me podo permitir o luxo
das teles de
pago), en todo este confinamento, non sei se vería unha ducia de
películas con algo de categoría. E se non
erro nos meus cálculos (levo un listado) vin
111. Á parte, iso si, de que esa ducia xa
as vira, algunhas máis de tres ou catro veces. Ou
sexa, que neste confinamento, que sería cando deberían proxectar
auténticas obras mestras para entreternos, tan só botaron
trapalladas e máis trapalladas. E moi repetidas. Porque hai canles
que nos machacan unha e outra vez coa mesma película.
Menos mal que,
pasiño a pasiño, empezamos a ver a fin do túnel. E alá, na súa
boca, xa se aprecia, xa se sente e xa se ve a claridade dunha vida
que, a moitos se lles arrebatou, e ós demais, case case. Emporiso,
a base de sacrificios e con moita forza alcanzaremos, faltaría máis,
esa boca do túnel. E máis alá dela
estará a liberdade e a rutina. Si, a rutina, pero unha rutina
bonita.
Finca
Fierro. Sábado, 2 de maio de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario